PRAZO: do 4 ao 18 de agosto
Poderán solicitar o intercambio provisional de prazas dúas ou máis persoas funcionarias de carreira, en prácticas ou interinas, en servizo activo dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
a) Que pertenzan ao mesmo corpo.
b) Que a praza corresponda a mesma especialidade.
c) Que vaian desempeñar a súa función docente no centro educativo durante o curso académico para o que se solicita o intercambio provisional.
NON poderá concederse un intercambio provisional de postos de traballo ao persoal funcionario docente que desempeñe o posto de traballo en réxime de comisión de servizos.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, tramitada en liña no mesmo procedemento ED002A : LIGAZÓN
Non deberá presentarse ningunha documentación complementaria para a tramitación deste procedemento.
Cada unha das persoas interesadas en solicitar o intercambio provisional da praza terá que cubrir unha solicitude.
Na solicitude deberán constar os datos da persoa coa que queira solicitar o intercambio de praza, de xeito que haberá tantas solicitudes como persoas interesadas en intercambiar a praza.