WEB - RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2025 pola que se adxudican definitivamente os destinos provisionais para o curso académico 2025/26 entre o persoal docente pertencente aos diferentes corpos docentes que non teñan destino definitivo, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo.
Os nomeamentos serán remitidos ao enderezo de correo electrónico das persoas interesadas.
O persoal docente que obtivo destino na adxudicación de destinos provisionais tomará posesión no centro educativo de destino con efectos do día 1 de setembro de 2025 e deberá entregar cuberta e asinada a documentación que máis abaixo se indica e a cal será remitida polo centro educativo ao departamento territorial correspondente.