• Noticia destacada

CADP 2025 - Convocatoria Concurso Adxudicación Destinos Provisionais


20 Xun, 2025

DOGResolución do 11 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2025/26 entre o persoal docente dos diferentes corpos, que non teñan destino definitivo en Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (código de procedemento ED002B).

  • O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 23 de xuño de 2025 ata o día 11 de xullo de 2025, ambos os dous incluídos.
  • As relacións provisionais de persoal que ten a obriga de participar9 de xullo con 5 días hábiles para reclamacións. 
  • A lista definitiva do persoal docente que ten a obriga de participar publicarase previsiblemente o 24 de xullo.
  • Resolución provisional: 24 de xullo (2 días hábiles para reclamacións ou renuncias)

  • Resolución definitiva: 1 de agosto.

 LIGAZÓN Á PARTICIPACIÓN: www. edu.xunta.gal/cadp: ( A relación de centros que se poden solicitar estarán dispoñibles nos ANEXOS desa aplicación). 

 Normativa completa

 

Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE