WEB - Publicación Resolución definitiva de solicitudes PIALE 2025
Actividades eliminadas por quedar desertos no procedemento de licitación pública. :
• 7 - PIALE Integración en lingua francesa para profesorado especialista de francés e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e EOI
• 15 - PIALE. Alemán para profesorado especialista e CLIL de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.
Ao cancelarse estas actividades, o profesorado redistribúese noutras actividades segundo as súas peticións.
- MODALIDADE CURSOS: As empresas adxudicatarias contactarán esta semana coas persoas admitidas para a organización das estadías.
- MODALIDADE INTEGRACIÓN: As empresas adxudicatarias contactarán coas persoas admitidas.
A data estimada para integración Canadá será do 18 de outubro ao 1 de novembro.
A data estimada para Integración Portugal será do 9 ao 22 de novembro.
21/06/25 - DATAS CURSOS PIALE 2025
- As actividades 9, 10,11,12 en Inglaterra, realizaránse na segunda quincena do mes de xullo (a partir do día 14).
Os destinos serán Brighton, Bournemouth, Bristol , Oxford,Birmingham. Serán precisadas as datas exactas e os grupos proximamente.
- A actividade 13 en Francia será dende o 5 de xullo ata o 19 de xullo en TOURS.
- A actividade 14 en Portugal será dende o 13 de xullo ata o 26 de xullo en BRAGA.
As datas de Integración serán comunicadas o longo da próxima semana.