• Noticia nova

Nova convocatoria concurso de prazas sometidas a CONVENIO ou programas específicos


27 Xun, 2025

DOG - ORDE do 23 de xuño de 2025 pola que se convoca concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e en prácticas dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería 

 

  • Prazo: cinco (5) días hábiles (do 30 xuño ao 4 de xullo)

1. Anexo I 

2. Folla de autobaremación, de conformidade co modelo que se publica como anexo IV nesta convocatoria pública.

3. Proxecto de traballo, por cada posto que soliciten, en relación coa praza solicitada, cunha extensión máxima de 20 páxinas tamaño folio, formato DIN-A4, a dobre espazo e letra tipo Arial, a 12 puntos sen comprimir.

 

Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE