• Noticia nova

Concurso méritos - Lingua e Lit. galegas no Vicente Cañada Blanch de Londres


18 Xun, 2025

DOG ORDE do 5 de xuño de 2025 pola que se convoca un concurso público de méritos para cubrir unha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (o Reino Unido).

  •  Ser persoal funcionario de carreira pertencente ao corpo de profesores de ensino secundario na especialidade de Lingua e Literatura Galega ou ao corpo de catedráticos de ensino secundario na especialidade de Lingua e Literatura Galega cunha antigüidade de, polo menos, dous anos impartindo docencia directa a materia de Lingua e Literatura Galega.

  • Solicitude e documentación:

1. Anexo I

2. Proxecto de traballo sobre as liñas básicas de actuación para o desenvolvemento das funcións inherentes ao posto que se solicita, para o cal se terán en conta as características deste.   O proxecto será redactado en galego e terá unha extensión máxima de 20 folios DIN A4 con tipo de letra Arial ou Xunta Sans, tamaño de letra 12 e espazado 1,5.

3. Documentación acreditativa dos méritos académicos e profesionais alegados en relación co baremo que se publica como anexo II desta orde, agás aqueles que xa consten no seu expediente persoal.

4. Folla de autobaremación segundo o modelo do anexo III.

A solicitude de participación presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, mediante a solicitude xenérica dispoñible na sede electrónica (código de procedemento PR004A), e dirixirase ao Servizo de Profesorado de Educación Secundaria, Formación Profesional e Réxime Especial da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

  • Prazo: 15 días hábiles

Para calquera aclaración ou dúbida, contacta con ANPE