• Noticia nova

PIALE 2025 - Resolución provisional


01 Mai, 2025

WEBResolución Provisional de solicitudes admitidas e excluídas do programa PIALE 2025.

  • O prazo para a presentación de reclamacións ou renuncias será de 5 días hábiles (ata o 8 de maio)
  • As reclamacións ou renuncias deberán presentarse electronicamente, entrando en A miña sede, na solicitude realizada para a convocatoria do programa PIALE 2025, código do procedemento ED305F, e premer en Accións, na opción Alegacións ou Renuncia, segundo corresponda. Ao premer en Alegacións, poderán achegar a documentación que consideren. Unha vez que a reclamación sexa remitida polo procedemento indicado, solicítase que se adiante, ademais, escaneada ao correoelectrónico formaes@edu.xunta.gal para axilizar a súa tramitación de cara á publicación das listas definitivas.

  • Listas provisionais de admitidos/excluidos

​1. Actividade 1. Integración para profesorado de inglés en infantil e primaria

2. Actividade 2. Integración para profesorado de inglés de secundaria e formación profesional

3. Actividade 3. Integración inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria

4. Actividade 4. Integración inglés para profesorado CLIL de ESO e bacharelato

5. Actividade 5. Integración inglés para profesorado CLIL de FP

6. Actividade 6. Integración inglés para profesorado da EOI

7. Actividade 7. Integración en lingua francesa para profesorado especialista e CLIL de educación primaria, educación secundaria, FP e EOI

8. Actividade 8. Integración en lingua portuguesa para profesorado especialista e CLIL de educación secundaria, FP e EOI

9. Actividade 9. Inglés para profesorado especialista de infantil e primaria.

10. Actividade 10. Inglés para profesorado especialista de secundaria, formación profesional e EOI

11. Actividade 11. Inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria

12. Actividade 12. Inglés para profesorado CLIL de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial, agás EOI

13. Actividade 13. Francés para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

14. Actividade 14. Portugués para profesorado especialista e CLIL de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

15.Actividade 15. Alemán para profesorado especialista e CLIL de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

 

Para calquera aclaración ou dúbida, contacta con ANPE