• Noticia nova

Fondo de Acción Social (FAS) - convocatoria de axudas 2024


25 Abr, 2025

DOG Resolución do 15 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se autorizan os criterios de repartición e convocatoria do Fondo de Acción Social para o exercicio económico do ano 2024 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.

Solicitantes:

a) Persoal funcionario, incluído o persoal docente. 

b) Persoal laboral do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia que cumpra unhas condicións.

c) Profesorado de relixión.

A solicitude será única, con independencia do número de persoas causantes con discapacidade polas que se solicita a axuda, e xerarase de forma telemática desde internet: https://www.xunta.es/dxfp/fas.htm. Presentarase dentro do prazo dos dez días hábilesseguintes ao da publicación desta convocatoria no DOG no rexistro ou de forma dixital a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada) mediante trámite de solicitude xenérica, a través do servizo PR004A, e dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal. No obxecto do asunto indicarase: convocatoria do Fondo de Acción Social do ano 2024. Xunto coa solicitude achegaranse tamén as copias auténticas dos documentos que se exixen e das certificacións que xustifiquen os feitos que se aleguen.

ANPE solicita para todo o persoal docente a restitución de este tipo de axuda, eliminada "temporalmente" dende o 2012. 

Canto máis imos ter que agardar?  Levamos 13 anos coas medidas temporais!

ANPE seguirá a loitar pola restitución dos dereitos eliminados pola administración galega.