DOG - RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2025 (código de procedemento PL500C).
- As probas realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid.
- As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C e entregalo por sede electrónica ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Taxas de exame: 16,92 euros
- O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles.
- Toda a información durante o proceso se publicará na páxina web da Secretaría Xeral da Lingua (https://www.lingua.gal).
Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE