DOG - RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).
- A proba realizarase en Santiago de Compostela os días 24 e 25 de abril de 2025 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
- 
	O prazo de presentación de solicitudes será do 6 ao 19 de marzo de 2025, ambos os dous incluídos. 
 As persoas interesadas en participar na proba presentarán unha única solicitude de inscrición (anexo I).
- 
	As solicitudes de inscrición deberán presentarse presencialmente nos centros educativos sinalados no número 6 deste artigo ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, dirixido á Dirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Os centros habilitados para a recepción de solicitudes son os seguintes: • IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela. • EPAPU Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3, 2º andar, 15003 A Coruña. • EPAPU Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo. • EPAPU de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense. • EPAPU Río Lérez, avenida de Bos Aires, 26, 36002 Pontevedra. • EPAPU Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8, 1º andar, 36202 Vigo. 
 
				 
			
							 
			
							 
			
							 
			
							 
			
							
						 
		
										 
		
										 
		
										 
		
										