WEB - ANPE CONSEGUE que a Consellería recoñeza o dereito das docentes a cambiar as datas concedidas para o desfrute do permiso de lactación cando estas coincidan cunha situación de Incapacidade Temporal sobrevida
ANPE Galicia, a través da súa asesoría xurídica, ven de conseguir que a Consellería de Educación recoñeza o dereito dunha afiliada a poder cambiar as datas inicialmente concedidas para o desfrute do permiso de lactación, ao sobrevirlle unha incapacidade temporal días antes de comezar dito desfrute. A nosa afiliada solicitara desfrutar do permiso de lactación nunhas datas concretas, o que así lle foi concedido. Uns días antes de comezar dito desfrute sufriu unha doenza que determinou unha incapacidade temporal que lle impedía o mesmo, polo que solicitou a modificación das datas concedidas para o referido permiso, o cal lle foi denegado. Dita denegación foi recorrida, resultando estimado o recurso e recoñecéndose o seu dereito a cambiar as datas do permiso para poder desfrutalo fora do período de incapacidade temporal.