MUFACE - ANPE alerta sobre mensaxes falsas nas redes sociais


10 Xan, 2025

WEB - ANPE alerta sobre mensaxes falsas nas redes sociais e lembra a liberdade de elección no tema de MUFACE

ANPE quere alertar aos docentes sobre a circulación de mensaxes falsas nas redes sociais que poden xerar confusión respecto á cobertura sanitaria de MUFACE.

Dende ANPE recordamos que cada docente ten a liberdade de elixir a súa opción de cobertura sanitaria, e que ningunha mensaxe ou rumor nas redes sociais debe influír nas decisións persoais. ANPE non obriga a tomar ningunha decisión concreta sobre MUFACE, senón que ofrece información clara e veraz para que cada membro da comunidade educativa poida tomar a mellor decisión de acordo coas súas necesidades e circunstancias. 

Na situación excepcional que estamos a vivir: a expensas de como vai a quedar a licitación, recordamos que a data límite acaba de ampliarse ata o día 27 para as aseguradoras, polo tanto, aconsellamos prudencia e paciencia, segundo o que ocurra o día 27 de xaneiro, saberemos cales son as opcións que temos.

Recomendamos consultar fontes oficiais e evitar seguir consellos de fontes non contrastadas.

Para calquera dúbida ou aclaración, ANPE segue á disposición de todos os docentes.

MENSAXE FALSAS nas que aparece o logo de ANPE: