Xubilacións - publicada no BOE a suba do 2,8 por cento


30 Dec, 2024

WEB - Real Decreto-lei 9/2024, do 23 de decembro, polo que se adoptan medidas urxentes en materia económica, tributaria, de transporte, e de Seguridade Social, e prorróganse determinadas medidas para facer fronte a situacións de vulnerabilidade social.

  • Esta norma revaloriza as pensións de clases pasivas e as contributivas do sistema de Seguridade Social cunha subida do 2,8% para 2025.
  • A pensión máxima queda fixada para 2025 en 3.276,60€ mensuais ou 45.746,40€ anuais.
  • O complemento de pensións contributivas do sistema de Seguridade Social e das pensións de Clases Pasivas para a redución de brecha de xénero terá para 2025 un importe de 35,90 € mensuais.

Con efectos desde a entrada en vigor desta Real Decreto-lei e vixencia indefinida engádese unha nova disposición transitoria décima quinta no texto refundido da Lei de Clases Pasivas do Estado, aprobado por Real Decreto Lexislativo 670/1987, do 30 de abril, que queda redactada nos termos seguintes: «Disposición transitoria décima quinta.  Norma transitoria para a determinación do límite máximo para a pensión inicial desde o 1 de xaneiro de 2025. A partir do 1 de xaneiro de 2025, ás pensións do réxime de Clases Pasivas do Estado seralles aplicable o previsto na disposición transitoria trixésima novena do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro.» Ata o de agora o límite máximo para a pensión inicial, segundo a Lei de Clases Pasivas, era o 100% da retribución básica que percibía o funcionario ao momento da súa xubilación. A partir de agora ese límite incrementarase unha porcentaxe determinada na LGSS, respecto ao do ano anterior, sen ter en conta o incremento salarial dese ano. Isto supón un pequeno paso máis para achegar a regulación das pensións de Clases Pasivas ás do sistema de Seguridade Social. Outras subidas reguladas nesta Real Decreto-Lei son as relacionadas coas bases de cotización, cuxa base máxima subirá un 4%, e a do Mecanismo de Equidade Interxeracional (MEI) que será da 0,8% fronte ao 0,7% de 2024.