ROGOS e PREGUNTAS DE ANPE
- Demandamos a revisión de vacantes do CXT que son habitualmente “retiradas” ano tras ano e que agoran saen con “nomes e apelidos”
- Demandamos coñecer o antes posible o desglose da OPE e que non ocorra o de anos anteriores onde esta Mesa Sectorial é ninguneada ao coñecerse as especialidades dos procesos selectivos directamente a través da prensa. A Administración resposta que está previsto traer a OPE e a Orde de Convocatoria previsiblemente a segunda quincena de xaneiro.
- Tamén demandamos unha ampla oferta para inspección. Non tería sentido unha oferta raquítica despois da incongruencia da apertura de listaxes accidentais para uns meses, convocatoria recurrida xudicialmente por ANPE pola súa inseguridade xurídica que conleva.
- Demandamos que se revisen con detalle todas as vacantes que se sacan en conservatorios superiores no CXT e concretamente, as que se sacan polo nivel 24. Está xudicializado desde hai anos e debe serse moi escrupuloso coas vacantes a ofertar.
- Denunciar que a Consellería de Educación ven de sacar unha relación de prazas habilitadas que non se corresponde coa realidade. Ou se minte á Valedora do Pobo ou a relación non é real.
- Denunciar novamente a non percepción de sexenios, nalgúns casos con retraso de máis dun ano. A situación é insostible. A Administración volverá a falar con Intervención aínda que lles consta que teñen sobrecarga de traballo.
- Solicitar unha explicación do feito de que non se permita a participación do profesorado dos conservatorios de música no plan Proxecta + cando levaban anos participando.
- Demandar novamente que se aborde o pagamento dos meses de verán ao profesorado substituto que traballe no curso máis de 5,5 meses agora que estamos en proceso de negociación dos Orzamentos da Comunidade.
- Solicitamos información sobre en que situación se atopa a elaboración da nova RPT e o Concurso de Traslados do profesorado de relixión. A Administración resposta que se está traballando no tema nas provincias e que teñen de prazo ata mediados de xaneiro.