Convocatoria das probas para certificacións CELGA


13 Set, 2024

DOGResolución do 3 de setembro de 2024, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2024 (código de procedemento PL500C).

>> O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de  15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. (Do 16/09 ao 4/10)

>> Inscrición nas probas Celga: deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente (16,92€)  e dirixilo á Secretaría Xeral da Lingua. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: 

LIGAZÓN á INSCRICIÓN

>> As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

 

 

 

Os códigos correspondentes á taxa son:

Consellería: Cultura, Lingua e Xuventude. Código: 10.

Delegación: Servizos Centrais. Código: 13.

Servizo: Secretaría Xeral da Lingua. Código: 09.

Denominación taxa: inscrición nas probas homologadas para a acreditación do nivel de competencia en lingua galega e mais a acreditación do nivel correspondente, de ser o caso. Código: 304401.