• Noticia destacada

Instrución sobre horario lectivo docente en infantil e primaria


02 Set, 2024

WEBInstrución 6/2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, sobre a xornada semanal do persoal docente que imparte educación infantil e primaria.

Ante as dúbidas e interpretacións xeradas na aplicación dun dos puntos recollidos no ACORDO DE MELLORAS firmado por ANPE, CCOO e UXT o curso pasado, referido ao horario do profesorado do corpo de Mestres que imparte infantil e primaria, dende a nosa organización se solicitou unha instrución clara e precisa, á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos que, por fin, remitiu aos centros educativos e que recolle:

... Única.- A partir do curso 2024/2025 a xornada semanal do persoal docente que imparte as ensinanzas de educación infantil e primaria terá 23 horas de carácter lectivo con presenza no centro, e 5 horas máis que se dedicarán ás actividades do centro educativo tamén con presenza neste; mentres que as 9 horas e media restantes, para completar a xornada de 37 horas e media, dedicaranse a realizar ás funcións e actividades propias dese persoal sen que resulte obrigada a presenza no centro.

 

Esperemos que agora quede claro que as dúas horas lectivas menos de 25 a 23 NON son de permanencia no centro tal e como explicamos xa dende a firma do Acordo.