Convocatoria programa EduExchanges de intercambio


06 Xun, 2024

WEB Convocatoria e selección de centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2024/2025

>> O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o día seguinte da súa publicación ata o 23 de setembro de 2024.

>> A solicitude realizarase a traves do aplicativo ProgramasEducativos.   Guía de solicitude

>> Resolución con todo o procedemento

6º de EP, 1º, 2º, 3º e 4º de ESO ou 1º de Bacharelato durante o ano académico 2024/2025.

A participación no programa de intercambio debe estar integrada na programación anual do centro e aprobada polo Consello Escolar, oído o Claustro.

A persoa coordinadora do programa e o profesorado acompañante durante a estadía no estranxeiro recibirán un certificado de innovación educativa cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado.