DOG - ORDE do 16 de maio de 2024 pola que se convoca o concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres, para cubrir, en réxime de comisión de servizos, postos de escolarización de alumnado de atención preferente (código de procedemento ED013B).
>> Poderá participar nesta convocatoria o persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres do ámbito de xestión desta comunidade autónoma.
>> As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal:
Anexo I e Folla de autobaremación que figura como anexo IV. Se non figuran os méritos na aplicación www.edu.xunta.gal/datospersoais, poderase actualizar o expediente persoal en dito enderezo creando unha instancia e presentándoa por medios electrónicos no procedemento normalizado ED011A.
>> O prazo de presentación de solicitudes do concurso específico, mediante o procedemento normalizado ED013B, será de 10 días hábiles (do 28 ao 10 de xuño) desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria pública no Diario Oficial de Galicia.
Para calquera aclaración ou dúbida, contacta con ANPE.