>> O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de quince (15) días hábiles ( desde o día 8 de abril de 2024 ata o día 26 de abril de 2024)
>> A solicitude de participación xerada previamente na páxina web http://www.edu.xunta.gal/cxt, xunto coa documentación a que se alude no punto 3.1, presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia mediante a solicitude xenérica dispoñible na sede electrónica (código de procedemento PR004A), e dirixirase á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da provincia correspondente.
Requisitos xerais:
a) Ser persoal funcionario de carreira dun corpo docente.
b) Ter unha antigüidade de polo menos cinco anos como persoal funcionario na función pública docente.
c) Ter exercido funcións docentes como persoal funcionario, durante un período de polo menos cinco anos, nalgunha das ensinanzas que ofrece o centro a que se opta.
d) Estar prestando servizos nun centro educativo dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e depender organicamente desta.
e) Posuír unha certificación acreditativa de ter superado un curso de formación sobre competencias para o desenvolvemento da función directiva impartido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, polo Ministerio de Educación e Formación Profesional ou polas administracións educativas das restantes comunidades autónomas, con validez en todo o territorio nacional. (estarán exentas as persoas que acrediten unha experiencia de polo menos catro anos no exercicio da dirección de centros).
f) Presentar un proxecto de dirección nos termos previstos no artigo seguinte.
*** Para participar no concurso de méritos para ser nomeada/o directora ou director dun centro público específico de educación infantil, dun centro incompleto de educación primaria, nos centros de educación secundaria con menos de oito unidades, nos centros en que se imparten ensinanzas artísticas profesionais, deportivas, de idiomas ou nos centros específicos de adultos con menos de oito profesores, non se exixirán os requisitos establecidos nas letras b), c) e e)