Regulación do desenvolvemento da avaliación de diagnóstico


12 Xan, 2024

DOGORDE do 29 de decembro de 2023 pola que se regula o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico na Comunidade Autónoma de Galicia.

>> ...Terá carácter informativo, formativo e orientador para os centros, para o profesorado, para o alumnado e as súas amilias ou persoas titoras legais, e para o conxunto da comunidade educativa. Así mesmo, carecerá de efectos académicos para o alumnado da Comunidade Autónoma de Galicia.

>> Esta proba realizarase en todos os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan ensinanzas correspondentes ao cuarto curso de educación primaria e/ou segundo curso de educación secundaria obrigatoria.

Artigo 5. Comisión de coordinación da avaliación de diagnóstico nos centros educativos:

a) Directora ou director do centro, que a presidirá.

b) Xefes ou xefas de estudos de cada unha das etapas educativas impartidas no centro.

c) Xefa ou xefe do Departamento de Orientación, de ser o caso.

d) Un titor ou titora de cada un dos niveis que se avalían, nomeados pola dirección do centro.

Esta comisión constituirase ao comezo de cada curso escolar e a súa composición reflectirase na correspondente programación xeral anual.

Queda derrogada a Orde do 6 de outubro de 2010 (DOG do 15 de outubro) pola que se regula o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico na Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta orde entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.