ANPE pola redución da burocracia - Tés moito que dicir


14 Dec, 2023

WEB - ANPE Galicia, como sindicato asinante do ACORDO SOBRE MEDIDAS QUE MELLORAN O FUNCIONAMENTO DO SISTEMA EDUCATIVO E AS CONDICIÓNS LABORAIS DO PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DOCENTES DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA asinado no mes de outubro, lembra que dito acordo contempla no punto 7.1 a elaboración dun plan de simplificación das tarefas burocráticas nos centros educativos. Para este fin constituíuse un Grupo de Traballo que elaborará un plan para implementar medidas concretas cara o curso 24/25.

>> Se queremos que isto non quede en papel mollado, precisamos da túa IMPLICACIÓN como docente comprometido e disposto a cambiar as cousas. Neste primeiro cuestionario centrámonos en tarefas burocráticas relacionadas co DESEÑO CURRICULAR.

Participa e cubre os apartados  nos que teñas algo que dicir ou marca NON para continuar. Pulsa na seguinte ligazón para acceder ao cuestionario:

https://forms.gle/iCi1Yn2sJEnVqpaB6

Entre todos/as si PODEREMOS acadar melloras efectivas para REDUCIR A BUROCRACIA e mellorar o ensino público galego.

Grazas pola túa participación.