>> Entrada en vigor o 18 de xullo de 2023.
O devandito importe queda fixado en 0,26 euros por quilómetro percorrido (anteriormente 0,19 €). Doutra banda, elevouse tamén a 0,26 euros, a contía exenta das dietas e asignacións para os gastos de locomoción no IRPF, coa entrada en vigor, o 17 de xullo de 2023, da Orde HFP/792/2023, do 12 de xullo, pola que se revisa a contía das dietas e asignacións para gastos de locomoción no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, establecendo que “a efectos do previsto para os gastos de locomoción no Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, excluirase a cantidade que resulte de multiplicar 0,26 euros polo número de quilómetros percorridos, máis os gastos de peaxe e aparcamento que se xustifiquen.”