Acordo de melloras para seguir avanzando: asinado!


11 Out, 2023

WEB - Comunicado conxunto para o profesorado galego sobre a sinatura do Acordo sobre medidas que melloran o sistema educativo.

>> ACORDO ASINADO 

As organizacións ANPE, CCOO e UGT-SP decidimos asinar o “Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes da Comunidade Autónoma de Galicia que imparte as ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación” logo das negociacións mantidas ao longo de toda a semana pasada no seo da Mesa Sectorial. Lamentamos a actitude da CIG nesta negociación, que se negou a facer unha soa aportación ata a terceira sesión, en temas tan importantes como a redución de ratios, redución do horario lectivo, recoñecemento da responsabilidade asumida polos equipos directivos, racionalización da burocracia, etc. CCOO, ANPE e UGT-SP desde o primeiro momento puxemos todos os nosos esforzos en presentar propostas que mellorasen a proposta inicial da Administración nos temas centrais da negociación.

PRIMEIRO PASO ACADADO, PERO SEGUIMOS NA LOITA!

>> SOLICITUDE - A exposición de motivos de dito Acordo establece que é imprescindible acometer agora a recuperación dos dereitos que foron recortados en 2012 () . Entre estas medidas, o apartado segundo do Acordo sinala que “cada Administración Pública, no exercicio das súas competencias de autoorganización, estableza, previa negociación colectiva na mesa ou órgano que corresponda, unha xornada de 35 horas semanais para o personal ao seu servizo e ao do seu sector público institucional”.