Actualización da indemnización por uso de vehículo particular e razóns de servizo


19 Xul, 2023

BOEOrde HFP/793/2023, do 12 de xullo, pola que se revisa o importe da indemnización por uso de vehículo particular establecida no Real Decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.

>> A disposición final cuarta do Real Decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo, sinala que a contía establecida para indemnizar o uso de vehículo particular  será revisada anualmente pola persoa titular do Ministerio de Facenda e Función Pública..  Así, a evolución económica e inflación desde a última actualización, agravada pola actual situación económica, motivan a necesidade de elevar o importe da indemnización. O estalido da invasión de Ucraína, unha de cuxas consecuencias máis graves foi un aumento moi significativo do custo da vida, tivo especial impacto no prezo dos combustibles, que se inclúe entre os elementos que serven para o cálculo da indemnización por uso de vehículo particular. Ademais, o «Acordo Marco para unha Administración do século XXI» recolle na súa cláusula novena o compromiso do Goberno de impulsar, ao longo de 2022 e 2023, a través da negociación colectiva na Mesa Xeral de Negociación da Administración Xeral do Estado, «a actualización dos importes dos gastos de desprazamento consecuencia da actividade de prestación de servizos».

>> Se actualiza el importe de la indemnización a percibir como gasto de viaje por el uso de vehículo particular en comisión de servicio, sobre indemnizaciones por razón del servicio que queda fijado en 0,26 euros por kilómetro recorrido por el uso de automóviles y en 0,106 euros por kilómetro recorrido por el uso de motocicletas.