ANPE aposta polo mantemento da FP presencial


23 Xun, 2023

WEB - ANPE aposta polo mantemento da FP presencial e rexeita a toma de decisións unilaterais excluindo aos principais afectados: os docentes e o seu alumnado.

Esiximos, novamente, un ensino de calidade ante esta política economicista e de recortes da Xunta de Galicia e así, llo expuxemos a administración na Mesa Sectorial deste martes na que obtivemos a calada por resposta, polo que, trasladamos a cuestión aos medios de comunicación para que trascendera á opinión pública cal ía ser o futuro da FP presencial mais aló dos despachos da Consellería.

Dende ANPE denunciamos o proceder desta transformación porque se fai de forma unilateral, sen diálogo, sen negociación previa e sen ter en conta a opinión dos centros afectados. Esta medida non fai máis que agochar un intento de facer desaparecer a modalidade presencial dos centros públicos cun claro afán de aforro inaceptable para nós e que suporá un detrimento importante da calidade da educación neste ámbito, que por enriba de que se oferte unha ensinanza a distancia, ten que primar unha ensinanza presencial.  

>> Dende ANPE seguiremos denunciando esta situación nos foros ao noso alcance.

>> Os centros educativos xa están en marcha e aquí nos teñen para todo o que precisen como representantes sindicais.

- LIGAZÓN ao escrito do dpto de Informática do IES San Clemente (Santiago).

- LIGAZÓN á concentración do IES Urbano Lugris (A Coruña)

- LIGAZÓN á concentración do CIFP Anxo Casal (A Coruña)

- LIGAZÓN ao IES Muralla Romana (Lugo)

Aforren nos concertos coa privada e aboguen por unha ensinanza pública de calidade na Formación Profesional!!!