Eleccións municipais - dereitos do persoal funcionario


05 Mai, 2023

DOG ORDE do 26 de abril de 2023 pola que se regula o exercicio dos dereitos electorais do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia nas eleccións convocadas para o día 28 de maio de 2023 polo Real decreto 207/2023, do 3 de abril, polo que se convocan eleccións locais e ás asembleas de Ceuta e Melilla.

>> O persoal nomeado presidenta/e ou vogal de mesas electorais e as/os que acrediten a súa condición de interventoras/es teñen dereito, durante o día da votación, a un permiso retribuído de xornada completa se non gozan en tal data do descanso semanal, e a unha redución da súa xornada de traballo de cinco horas o día inmediatamente posterior.

>> As/os que acrediten a súa condición de apoderadas/os teñen dereito a un permiso retribuído durante o día da votación, se non gozan nese día do descanso semanal.

>> O persoal ao servizo da Administración pública de Galicia que se presente como candidata/o ás eleccións que terán lugar o vindeiro 28 de maio poderá ser dispensado, logo da súa solicitude, da prestación do servizo nas súas respectivas unidades durante a campaña electoral, é dicir, desde as cero horas do venres 12 de maio de 2023 ata as vinte e catro horas do venres 26 de maio de 2023. (Solicitude xenérica á Xefatura Territorial a través da sede electrónica adxuntando copia da candidatura)