Convocatoria de prazas de PIALE para 2023


27 Abr, 2023

WEBORDE do 20 de abril de 2023 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2023 (código de procedemento ED305F).

>> O prazo para a presentación de solicitudes será de 15 días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

- Modalidade 1: integración - programa de inmersión en inglés, francés ou portugués, consistente na integración na vida escolar, sen obrigas lectivas, en centros escolares de Canadá, Francia ou Portugal.

- Modalidade 2: curso no estranxeiro - curso de formación de dúas semanas de duración nun país estranxeiro (Reino Unido, Francia, Portugal ou Alemaña), que se desenvolverán no mes de xullo de 2023.

>> Para funcionarios de carreira ou en prácticas.

>> As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https:// sede.xunta.gal (código de procedemento ED305F)

 

Para calquera aclaración ou dúbida, contacta con ANPE.

 

 

 

Para aclaracións ou dúbidas, contacta con nós.