ANPE demanda a convocatoria do Concurso de atención preferente


27 Mar, 2023

WEBANPE solicita por rexistro a convocatoria inmediata do concurso de méritos específico para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente.

A atención á diversidade debe ser unha das máximas que rexa no ensino público e, polo tanto, debe ser motivo de planificación educativa prioritaria a cobertura de prazas que permitan unha atención individualizada e de calidade para o alumnado escolarizado en centros públicos que precise de medidas extraordinarias de atención educativa.

É fundamental, para este tipo de alumnado, que o profesorado que atenda as súas especiais necesidades se manteña curso tras curso para garantir deste xeito o éxito das medidas adoptadas. Desde ANPE consideramos a decisión da Consellería, comunicada na última Mesa Sectorial, de non convocar o concurso de méritos para a cobertura de postos, en comisión de servizos, de escolarización para alumnado de atención preferente, un erro ao deixar de cubrir demanda de postos que requiren una atención especial e constante polo que, solicitamos a convocatoria inmediata deste concurso como en anos anteriores.

>> Solicitude