O prazo de presentacion de solicitudes será desde o 1 de marzo ata o 1 de abril, incluídos.
>> Convocatoria E-Dixgal 23/24
O profesorado que participe activa e regularmente no proxecto a través do Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA), e despois de ter sido sometido a valoración, recibirá unha certificación como actividade de innovación educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado. No caso da persoa coordinadora do proxecto E-Dixgal esta certificación terá unha equivalencia de 50 horas.
Dende ANPE seguimos a reclamar, formación e inversión material e de persoal. Demasiados plans, proxectos e programas para tan pouco persoal!