Concurso de Méritos Estabilización - Listado Definitivo Admitidos


17 Feb, 2023

WEB - Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, convocados mediante a Orde do 19 de outubro de 2022

Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproban as listas definitivas de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B) (DOG n.º 206, do 28 de outubro, corrección de erros, DOG n.º 216, do 14 de novembro).

  • O prazo de interposición do recurso potestativo de reposición contra estas listas definitivas é dun (1) mes, contado dende o día seguinte ao desta publicación.

O dito recurso deberá formularse por medios electrónicos, na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o código de procedemento ED001B/2022, e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de acordo co establecido na base 8.4 da Orde do 19 de outubro de 2022.