CXT 22/23 - adiada a resolución provisional de Mestres


01 Mar, 2023

WEB - Dende ANPE recordamos as datas previstas para a resolución provisional do CXT (Concurso Xeral de Traslados).

>> Segundo nos informan dende o Ministerio a resolución provisional de Mestres publicarase a 2ª semana de marzo por problemas informáticos, ante a presión de ANPE polo baile de datas, dende o ministerio enviaron un comunicado sen precisar día: LIGAZÓN

MESTRES:

✅ Adxudicación provisional: 2ª semana de marzo

✅ Adxudicación definitiva: 10 de maio de 2023

SECUNDARIA e outros:

✅ Adxudicación provisional: 24 de febreiro de 2023

✅ Adxudicación definitiva: 4 de maio de 2023

 

Así mesmo, unha vez publicadas ditas adxudicacións provisionais, abrirase o prazo de RECLAMACIÓNS por un período de 10 días hábiles.

Dende ANPE reclamaremos que se saquen a concurso todas as vacantes que cumpran cos requisitos de ser cubertas por este procedemento.

Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con nós.