• Noticia nova

CXT 26/27 - Convocatoria de Concurso Xeral de Traslados Estatal


04 Nov, 2026

DOG - ORDE do 14 de outubro 2026 pola que se convoca concurso de traslados ESTATAL entre o persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, EOI, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, PESSFP, PTFP  para extinguir, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.

  • Procedemento ED012A
  • PRAZO de participación: do 5 ao 26 de novembro
  • SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN na páxina web https://www.edu.xunta.gal/cxt
  • PERSOAL OBRIGADO A PARTICIPAR: Funcionarios en prácticas, Funcionarios de carreira: provisionais, suprimidos ou desprazados, reingresados e Funcionarios definitivos que vaian solicitar unha comisión de servicios e non obtiveran o seu destino definitivo o curso pasado 25/26.

INFORMACIÓN DE INTERESE:

  • Catálogo de unidades e postos centros Mestres​

A CORUÑA

LUGO

OURENSE

PONTEVEDRA

 

  • Resolución PROVISIONAL: mediados de marzo

  • Resolución DEFINITIVA: maio

  •  

    O persoal concursante poderá presentar reclamacións á puntuación outorgada, con anterioridade á resolución provisional do concurso, unha vez que se fagan públicas na páxina web da Consellería de Educación ou unha vez publicada a adxudicación provisional no prazo de 10 días hábiles.

     

​

Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE, ANPE responde!