>> Listaxe de persoal admitido
>> Listaxe de persoal excluido
Resolución do 19 de xaneiro de 2023
O prazo de reclamacións contra estas listas é de 10 días hábiles e comeza o luns día 23 de xaneiro de 2023 e remata o venres día 3 de febreiro de 2023.
As reclamacións deberán formularse por medios electrónicos e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
>> Para realizar reclamacións á lista provisional de persoas admitidas e excluídas:
1.- Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia LIGAZÓN e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do procedemento selectivo (código de procedemento ED001B) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Alegación”. NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS DE DISTINTOS PROCEDEMENTOS, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER O TRÁMITE DE ALEGACIÓN NA SOLICITUDE CORRESPONDENTE Á CONVOCATORIA DO 19 DE OUTUBRO DE 2022 (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED001B).
2.- Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”
>> No caso das persoas que non figuren na listas de persoas admitidas/excluídas o procedemento para alegacións deberá realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica.