ANPE concentrarase diante do Congreso dos diputados baixo o lema: –Política +Educación


26 Set, 2022

WEBANPE sairá de novo á rúa para requirir urxentemente a todos os grupos parlamentarios que deixen de realizar un uso partidista e interesado da Educación 

Queremos trasladar aos representantes políticos a fartura do colectivo docente e de gran parte da sociedade ante unha situación que, lonxe de remitir, tende a alcanzar de forma progresiva maiores cotas de enfrontamento, crispación e desacordo. Esta situación afecta fundamentalmente ao ensino público e ao seu profesorado provocando un enfrontamento inxustificado que acaba deteriorando a súa imaxe.

Na concentración deste mércores, 28 de setembro, faremos entrega do manifesto a todos os grupos parlamentarios para facer visible, agora máis que nunca, a necesidade de menos POLÍTICA e MÁIS EDUCACIÓN.