CXT 2022 - modificación do RD que regula o Concurso de Traslados


22 Set, 2022

WEB - Resumo da Mesa Sectorial no Ministerio de Educación por mor da modificación do Concurso Xeral de Traslados.

 Esta modificación débese a unha Sentenza do Tribunal Supremo en aplicación da directiva europea sobre o profesorado interino. En base á mesma:

 Modifícanse os apartados 1.2 e 1.3 de antigüidade no corpo. Contabilizándose tamén a antigüidade como funcionario interino e en prácticas.

Modificaranse as normas procedementais do concurso de traslados para modificar o apartado 4 do baremo e valorar tamén os cargos e funcións desempeñados como funcionarios en prácticas e interinos, entre outros aspectos polo que as datas previstas de celebración do CXT terán que adiarse.

ANPE esixiu ao Ministerio:

  • Garantía xurídica para a próxima convocatoria do CXT e que a decisión adoptada estea avalada por un informe da Avogacía do Estado.
  • Necesidade urxente dunha reforma global do baremo do CXT e para non realizar “parches obrigatorios” por Sentenzas e así evitar a disparidade de criterios entre CCAA e equilibrar a puntuación dos distintos apartados.

AVISO: En Galicia xa se está aplicando dende o 2013 e con esta modificación haberá unha equidade entre as CCAA.