O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 1 de xullo ao 26 de setembro de 2022, ambos incluídos.
A solicitude realizarase a través da aplicación Programas Educativos: LIGAZÓN
Resolución do 20 de xuño de 2022
Unha vez rematado o intercambio e entregados os documentos requiridos, segundo o disposto no apartado décimo segundo da presente convocatoria, a persoa coordinadora do programa e o profesorado acompañante recibirán un certificado de innovación educativa cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado.