Convocatoria do programa de linguas CUALE de CPI, IES e CIFP


09 Mai, 2022

DOGRESOLUCIÓN do 25 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se fai pública a convocatoria para a autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia para a participación no Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado Cuale para o curso 2022/23.

>> Resolución do 25 de abril de 2022

Os centros que desexen implantar o programa Cuale deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede na ligazón http://www.edu.xunta.es/programaseducativos no programa correspondente Cuale.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 10 de xuño de 2022