Creación do programa de innovación educativa Polos creativos


27 Abr, 2022

DOGORDE do 21 de abril de 2022 pola que se crea o programa de innovación educativa Polos creativos e se establece o procedemento para a participación dos centros docentes públicos dependentes desta consellería.

 Os Polos creativos desenvolveranse en espazos físicos creados nos centros educativos, dotados dun equipamento especializado, cun deseño modular e innovador, e organizados didacticamente para o fomento da creatividade e a formación do alumnado nun contexto de aprendizaxe competencial. 

 Estes espazos funcionarán como núcleos dinamizadores no marco da Estratexia Educación Dixital 2030, de maneira que poderán albergar actividades de tipo obradoiro tanto para o profesorado como para o alumnado e, de ser o caso, as familias, desde unha óptica de aprendizaxe conxunta e comunitaria.

Todo o procedemento de solicitude realizarase a través da aplicación informática https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos/

O prazo de presentación de solicitudes abrirase o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e permanecerá aberto con carácter permanente

Previamente á presentación da solicitude dos Polos creativos, a dirección do centro deberá informar o claustro de profesorado e contar coa aprobación do consello escolar, de acordo coas súas competencias.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade certificará cada curso escolar, segundo a normativa vixente, como actividade de innovación educativa cunha equivalencia en 20 horas de formación permanente do profesorado, logo da avaliación positiva da memoria presentada a:

– O profesorado que forma parte do equipo de dinamización que acompañou a persoa coordinadora na posta en marcha do Polo creativo.

– O profesorado que coordinou actividades que se desenvolveron no Polo creativo.