Prazo de cinco días hábiles, contados a partir do 26 de abril de 2022, para efectuar reclamacións ou renuncias.
Resolución provisional de centros admitidos
O procedemento para realizar reclamacións ou renuncias dirixirase á Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional e presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónico normalizado (código PR004A), xunto coa documentación xustificativa.