Curso presencial - O universo maker como recurso e elemento dinamizador do centro


28 Xan, 2022

WEB - Curso homologado: O universo maker como recurso e elemento dinamizador do centro.

Curso presencial de 10 horas organizado por ANPE Lugo e homologado pola Consellería de Educación.

Celebrarase en Lugo, os días 11 e 12  de febreIro co seguinte horario:

Venres 11, de 16.30 h a 21.30 h

Sábado 12, de 9 a 14 h

LIGAZÓN  á preinscripción  (ata esgotar prazas).

Mais información en lugo@anpe.es ou no teléfono 982227912

Esta actividade de formación está dirixida ao persoal docente (funcionario, substitutos e interinos) e opositores de todos os corpos de ensino non universitario.

Curso de formación do profesorado, que versará sobre as diferentes linguaxes de programación axeitadas para cada nivel educativo, valorando o uso de aulas maker ou recunchos como elemento transformador do centro educativo e usando a impresora 3D como elemento creador, tanto por parte do alumnado como por parte do docente.

CONTIDOS

1º.- Programación. Que é a programación? Linguaxes de programación. Programación en entornos educativos. Scratch.

2º.- Programación orientada a robots educativos. Mbot, Mblock. Drons. Alternativas de baixo custo e de custo ordinario. Ventaxas e desventaxas.

3º.- Impresión 3D. Modelos de impresoras e características. Aplicación didáctica. Por onde comezar. Materiais, tempos e espazos.

4º.- Aula Maker. Como deseñar un espazo no centro educativo. Plan da Consellería de Introducción á robótica en Educación Primaria. Elementos comúns. Área de libre configuración.

PONENTE

Iago José Corral López, mestre de Primaria (Especialidades Ed. Física e Ed. Primaria). Director do CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela – Lugo, no período 2015/2020. Ponente en numerosos cursos de formación dende o ano 2011.