Prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución neste portal educativo, para facer reclamacións ou renuncias.
O procedemento para realizar reclamacións ou renuncias dirixirase á Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional e presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónico normalizado (código PR004A), que se deberá identificar coa denominación “Club de Ciencia” xunto coa documentación correspondente.