WEB - ANPE segue a demandar á administración galega o pago dos meses de verán ao persoal interino e substituto que traballara máis de cinco meses e medio.
Ante a próxima negociación dos orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2022, ANPE Galicia demanda novamente por escrito á Consellería de Educación e a de Facenda o pago dos meses de verán aos interin@s e substitut@s que acrediten traballar máis de cinco meses e medio ao longo do curso académico, tal e como recolle o Acordo de Interinos e que a Xunta de Galicia paralizou no ano 2012 por dous anos, e van casi 10 anos!!!
Dende ANPE levamos ano tras ano con esta demanda e non cesaremos ata conseguilo.