Resumo da Mesa Sectorial - transformación IES en CIFP e traslado ensinanzas


20 Xul, 2021

WEB - RESUMO da Mesa Sectorial co punto: PROXECTO DE ORDE POLA QUE SE DESENVOLVE O DECRETO 107/2021, DO 1 DE XULLO, POLO QUE SE TRANSFORMAN INSTITUTOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA EN CENTROS INTEGRADOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL E SE TRASLADAN ENSINANZAS. (Resumo completo)

3º PUNTO DA ORDE DO DÍA: ROGOS E PREGUNTAS.

  • Solicitamos información sobre se a Consellería trasladou ás Xefaturas Terriotorias os cupos de profesorado de primaria e secundaria se realmente se traballou por cupos e a variación que puido haber con respecto ao curso pasadoA Consellería confirma que os cupos están enviados ás Xefaturas Territoriais.
  • Solicitamos información tamén sobre como deben proceder para a petición de prazas no CADP os aspirantes que superaron os procesos selectivos en varias especialidades do mesmo corpoA Administración informa que, polo momento, hai 3 casos (dúas persoas que aprobaron distintas especialidades do mesmo corpo e unha que aprobou en corpos diferentes). No caso de especialidades do mesmo corpo a Administración está informando de que pidan por unha delas (no caso de que pidan polas dúas adxudicárase por código de especialidade). Cando superen a fase de prácticas e sexan nomeadas funcionarios de carreira a Administración terá que valorar xurídicamente se a poden habilitar na outra especialidade.
  • Demandamos que se estableza, como o ano pasado, o reparto das prazas desertas de certos tribunais entre os restantes tribunaisA Administración indica que se fará cando remate todo o proceso como recolle a Orde de Convocatoria.
  • Demandamos tamén certa flexibilidade no prazo de dous días para que os aspirantes que superaron os procesos selectivos poidan cubrir o CADP. A Administración resposta que non haberá problemas.
  • Demandamos tamén un criterio uniforme que permita aos opositores a revisión dos exames da oposición. Hai tribunais que non o están permitindo e outros, que debemos felicitar, que permiten aos aspirantes ver o seu exame, teñen colgadas as preguntas e as respostas e as rúbricasA Administración indica que a orde de convocatoria recolle que os tribunais deben publicar as probas prácticas e as rúbricas da segunda proba.
  • Solicitamos información sobre cando está previsto a convocatoria de prazas de atención preferente e de prazas sometidas a convenioA Administración resposta que tentarán de que se celebren esta semana aínda que dubidan que sexa posible.