Concurso de traslados de Relixión 2020 - resolución definitiva


12 Xul, 2021

WEBResolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre profesorado de relixión que presta servizos nos centros educativos dependentes desta consellería, convocado pola Orde do 25 de novembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 250, do 14 de decembro).

Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se resolve o concurso de traslados

A toma de posesión dos destinos obtidos neste concurso terá efectos do 1 de setembro de 2021 e cesarán no seu destino de procedencia o 31 de agosto dese ano.

Cuarto. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán formular un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ante a persoal titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou directamente un recurso contencioso administrativo, no prazo de dous meses a contar dende a mesma data, ante o xulgado do contencioso administrativo que sexa competente de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

Anexo I: profesorado do nivel educativo de educación infantil e primaria

Anexo II: profesorado do nivel educativo de educación secundaria obrigatoria e bacharelato