Plan Recupera: Convocatoria da Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galicia (RAOGAL)


14 Xun, 2021

WEBAmpliación do prazo de solicitude de participación (ata o 24 de setembro)

14/06/21- Plan Recupera: Convocatoria da Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galicia (RAOGAL) para o curso 2021/22

Resolución do 14 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se crea, con carácter experimental, a Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galicia no marco do Plan Recupera, se seleccionan os centros educativos que a conformarán e se ditan instrucións para nomear as persoas responsables destas unidades.

... A rede, no curso académico 2021/22, estará constituída por un máximo de 32 centros, nos que se inclúen todos os centros públicos de educación infantil e primaria e de educación secundaria.  Cada centro que forme parte da rede constituirá a Unidade de Acompañamento e Orientación persoal e familiar (UACO)

 A persoa que vaia desempeñar estas funcións deberá posuír formación en mediación, habilidades sociais e educación emocional.

A persoa responsable das Unidades de Acompañamento e Orientación persoal e familiar terá dedicación completa e exclusiva para o desenvolvemento das súas funcións.

O exercicio das funcións da persoa responsable das Unidades de Acompañamento e Orientación persoal e familiar é incompatible co exercicio das funcións atribuídas a algún outro cargo ou órgano do centro.

A solicitude de participación será aprobada pola dirección do centro,e polo consello escolar, de acordo coas súas competencias e previa información ao claustro. As solicitudes remitiranse, correctamente asinadas, ao correo electrónico xsioe@edu.xunta.gal.

O prazo de solicitude rematará o día 17 de setembro de 2021.