FP - Regulación dos ciclos formativos plurilingües para o curso 2021/22.


04 Xun, 2021

DOG - RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se publica o anuncio da resolución pola que se regulan os ciclos formativos plurilingües para o curso 2021/22.

- Nas páxinas web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade www.edu.xunta.gal e www.edu.xunta.es/fp estará dispoñible a regulación e a convocatoria de incorporación de centros para participar nos ciclos formativos plurilingües para o curso 2021/22.

- O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata o 25 de xuño de 2021.

- Os centros deberán cubrir a solicitude que figura como anexo I da convocatoria e dirixila á Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.