WEB - ANPE non ve preparación para unha docencia en liña con garantías como defende a consellería.
Desde ANPE discrepamos das declaracións do conselleiro xa que, ainda que o profesorado e equipos directivos dos centros educativos galegos fixeron un esforzo importantísimo para superar a brecha dixital, o certo é, que moitos alumnos non dispoñen de ferramentas axeitadas para manter unha ensinanza a distancia con garantías.
A conectividade en moitos lugares e moi deficiente, e o funcionamento das aulas virtuais ainda está "en pañais" en moitos dos nosos centros. A modo de exemplo, recordamos que os propios equipos de atención virtual ao alumnado (AVA) da propia consellería ainda se están a constituir nalgunha provincia.
Transcurridos xa 11 meses desde o comezo da pandemia, desde ANPE pensamos que a comunidade está moi lonxe ainda de alcanzar un nivel axeitado para poder impartir docencia virtual aos nosos alumnos cunhos estandares mínimos de calidade.