Cambio de denominación específica do CEIP Plurilingüe Castrelo do Val


01 Dec, 2020

DOGORDE do 13 de novembro de 2020 pola que se autoriza o cambio de denominación específica do CEIP Plurilingüe de Castrelo do Val, do concello de Castrelo do Val.

De conformidade co previsto no artigo 8 do Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21 de outubro), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Ourense.

Concello: Castrelo do Val.

Código: 32015682.

Denominación actual: Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) «Plurilingüe de Castrelo do Val».

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) «Plurilingüe Raúl Fernández».