Resolución provisional de centros admitidos e excluídos no Club de Letras


16 Out, 2020

WEBResolución provisional do 16 de outubro de 2020 dos centros centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa "Club de Letras" para centros públicos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no curso 2020/21.

5 días hábiles para reclamacións ou renuncias a contar dende o día seguinte ao da súa publicación no portal.

Resolución do 18 de xuño de 2020

Décimo. Resolución provisional

1. A comisión de selección, unha vez avaliadas as solicitudes recibidas, emitirá unha resolución provisional dos centros admitidos. Esta resolución provisional poderase consultar na web desta consellería (http://www.edu.xunta.gal/portal/).

2. Logo da publicación da resolución provisional abrirase un prazo de 5 días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias ante a presidencia da comisión. O procedemento é o indicado no apartado 4.2 desta resolución:

4.2. A solicitude dirixirase á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado (código PR004A), xunto coa documentación complementaria. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e- servizos/chave365).