Cambio denominación do IES Carballo Calero no concello de Ferrol


30 Set, 2020

DOGORDE do 21 de setembro de 2020 pola que se autoriza o cambio de denominación específica do IES Ricardo Carballo Calero, do concello de Ferrol.

De conformidade co previsto no artigo 3.1 e 2 do Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, aprobado polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: A Coruña.

Concello: Ferrol.

Código: 15025645. 

Denominación actual: Instituto Educación Secundaria (IES) Ricardo Carballo Calero.

Nova denominación: Instituto Educación Secundaria (IES) Ricardo Carvalho Calero.